Profesora: Rut Reza
Móvil: 619 442 305
Nacín nunha aldea de Catrelo de MIño. Aos sete anos mudeime xunto coa familia a cidade de Ourense, onde vivín sempre, agás os anos universitarios de Vigo. Son bailarina porque a vida é movemento e a danza é unha das súas expresións máis harmoniosas.
O meu primeiro contacto co movemento rítmico expresivo foi a través da práctica da ximnasia rítmica, modalidade á que me adiquei durante moitos anos dende nova, obtendo o primeiro posto no campionato de españa na modalide de conxuntos, e tamén da que son adestradora.
Non é ate o ano 2001, ao tempo que remataba a licenciatura en ciencias do mar, cando coñezo a danza oriental con Liliana Pérez.
No 2004 volto a Ourense, onde continúo a súa práctica no ximnasio 2000 e comezo a asisitir a obradoiros de formación continúa para coñecer diferentes técnicas, estilos e elementos.
No ano 2012-13, na procura do que agacha esta danza étnica milenar e dunha metodoloxía activa e participativa, estudo o Diploma Universitario en Danza Fusión Oriental da Universidade Rei Juan Carlos e o Instituto Alicia Alonso en Madrid, da man da mestra Patricia Passo. Tamén aquí é onde onde
me formo en danza-terapia aplicada á danza fusión oriental.
Na actualidade dou aulas segundo a metodoloxía OFD da escola Patricia Passo. Unha metodoloxía coherente, rigurosa, cos pés na terra e feita dende o corazón, que non fragmenta, que respecta a integridade do ser humano; cantas veces ecoitei a Patricia dicir dende o primeiro día: «o corpo é o
templo da alma».
Ver videos de Rut
Cialis Without A Doctors Prescription buy cialis online Propecia After 5 Years
Diclofenac Generic Name Cialis E Desiderio Healthy Male cialis without a doctor’s prescription Cialis 2013 buy accutane in usa Commander Cialis Generique En France